A acuarela e eu

Comecei co mestre Li Chi Pang e o sumi-e, podería pasar horas observando como ese home menudo duns 70 anos manexaba o seu pincel , con pinceladas precisas, ao mesmo tempo que nos regalaba cun sorriso. Preguntábame como podería ter o control da auga , a tinta chinesa e os distintos tonos de acuarela que empapaban o pelo natural do seu pincel chinés.

Pintaba sobre un finísimo papel de arroz que parecía que se ía desintegrar con cada pincelada, impresionaba ver como conseguía pintar case calquera motivo con 3 ou 4 trazos.

 

Saín de alí coa firme convicción de que ía facer un bambú cada día, conseguino durante un par de meses e funme introducindo, paseniño,no mundo da acuarela sen decatarme que xa non ía poder sair del.

 

 

gallery/traspasandofronteiras3
gallery/barcos